Valdoviño é Natureza

O mar e a montaña danse a man nunha contorna de incomparable beleza

Praia do Baleo

Praia do Baleo

Ideal para os amantes do surf
Un dos segredos mellor gardados de Valdoviño, ideal para quen busca gozar da natureza no seu estado máis puro. Co seu extenso areal dourado e rodeada de outeiros verdes e formacións rochosas, O Baleo ofrece un espazo salvaxe e sereno, perfecto para desconectar e gozar da tranquilidade do océano Atlántico.

Un lugar privilexiado para os amantes da natureza e do turismo activo, xa que as súas augas e a súa ondada moderada fan que sexa ideal tanto para bañistas como para a práctica de deportes acuáticos, como o surf ou o bodyboard.

Este areal de 400 metros de lonxitude conta ademais con servizo de socorrismo no verán, así como limpeza, papeleiras, aseos e duchas.