Valdoviño é Natureza

O mar e a montaña danse a man nunha contorna de incomparable beleza

Miradoiro de Oural

Miradoiro de Oural

Vexo, vexo! Que ves?
Situado nas inmediacións da praia de Baleo, desde este punto podemos divisar o areal e a franxa litoral desde Pantín ata a Punta Frouxeira, así como a Punta Chirlateira e a costa de Cedeira.

Un lugar elevado desde o que poder gozar da espectacular paisaxe costeira que nos ofrece Valdoviño durante todo o ano.