Valdoviño é Natureza

O mar e a montaña danse a man nunha contorna de incomparable beleza

Banco de Meirás

Banco de Meirás

Un lugar para a inspiración
Este singular banco, situado nun cantil sobre o océano Atlántico, convértese nun segredo a voces entre viaxeiros que buscan experiencias auténticas e momentos de paz na costa galega.

Un balcón ao infinito desde o que poderás contemplar a inmensidade do Atlántico, onde o ceo e o mar se funden no horizonte, en atardeceres máxicos e espectaculares solpores que non te deixarán impasible.

Un lugar tamén para inspirarse e olvidarte do estrés, no que poderás meditar, ler ou simplemente deixarte levar pola beleza da paisaxe.