Valdoviño é Natureza

O mar e a montaña danse a man nunha contorna de incomparable beleza

Praia de Rosella

Praia de Rosella

Unha pequena cala de difícil acceso
Un lugar de gran beleza que só se pode visitar con marea baixa, xa que o seu acceso é bastante complicado a través de cantís, polo que cando hai forte ondada e vento, a súa visita é moi desaconsellable.

Esta pequena cala de 150 metros está rodeada dunha paisaxe espectacular, onde os cantís se fusionan co azul do Atlántico, creando un espazo perfecto para relaxarse e gozar da natureza no seu estado máis puro.

Rosella é un destino ideal para quen busca un lugar pouco masificado, para pasear pola súa ribeira mentres admira a beleza do entorno.