Imprescindible en Valdoviño
Non podes marchar de Valdoviño sen visitar estes espazos
Praia da Frouxeira
Un escenario natural de extraordinaria beleza
Esta praia é un dos destinos máis impresionantes da costa galega, ofrecendo un escenario natural de extraordinaria beleza e diversidade. Con máis de tres quilómetros de area fina e dourada, a praia da Frouxeira ábrese ao Atlántico cun carácter salvaxe que a converte nun paraíso para os amantes do mar, o surf e os deportes acuáticos e nela teñen lugar ano tras ano, importantes campionatos de surf.
A Frouxeira é ideal tanto para quen busca aventura como para quen desexa gozar de longos paseos pola ribeira, rodeado da inmensidade do océano e das suaves dunas que caracterizan o entorno. Ademais, a súa amplitude permite que, incluso en tempada alta, se poida gozar dun ambiente tranquilo e sen aglomeracións.
Outro dos aspectos que a fai única é a súa proximidade á Lagoa da Frouxeira, unha xoia natural protexida polo seu valor ecolóxico. Este espazo privilexiado é un refuxio para aves migratorias, o que a converte nun paraíso para os afeccionados á ornitoloxía e os amantes da natureza. A combinación de praia e lagoa crea unha paisaxe cambiante e espectacular, con solpores inesquecibles e unha atmosfera máxica que invita á contemplación e á desconexión.

Baterías Militares de Campelo
Un legado militar con vistas espectaculares
Lagoa da Frouxeira
Desfruta da natureza en estado puro
Ermida da Virxe do Porto
Devoción mariñeira
Senda das Ondas
Praias, surf, miradoiros e natureza impresionante
Faro da Frouxeira
O eterno vixía do mar
Ermida da Fame
Para obrigada no camiño a Santo André de Teixido
Porto do Cabo
Un lugar emblemático no camiño a Santo André de Teixido
Miradoiro do Paraño
Sorprende á túa parella cun solpor máxico
Banco de Meirás
Un lugar para a inspiración
Océano Surf Museo
Historia e cultura do surf galego
Miradoiro do Coto Agudo
Conecta coa inmensidade da paisaxe galega
Embalse das Forcadas
Un paraiso para o deporte acuático
Observatorio de Aves de Valdoviño
Trae os teus anteollos e disfruta das maravillas da natureza
Praia de Pantín
A factoría de ondas
Praia de Vilarrube
Un paraíso azul turquesa