Imprescindible en Valdoviño
Non podes marchar de Valdoviño sen visitar estes espazos
Ermida da Virxe do Porto
Devoción mariñeira
A Ermida da Virxe do Porto é un lugar emblemático de Valdoviño, onde a fe e o mar danse a man nunha contorna espectacular. Conta a lenda que foron os mariñeiros da zona quen decidiron levantar o templo, porque cada vez que saían faenar atopaban nel unha talla da virxe. Co paso do tempo, este pequeno templo converteuse nun refuxio espiritual e punto de peregrinación para quen busca protección ante os perigos do mar.
Situada nunha península que se adentra no Atlántico, a ermida ofrece unhas vistas impresionantes da costa galega, convertendo a visita nunha experiencia inesquecible. Cada mes de setembro, a Romaría da Virxe do Porto congrega devotos de toda a comarca, que acoden en procesión para render homenaxe á súa patroa nunha xornada chea de tradición e emoción.
Coa súa arquitectura modesta e a súa ubicación privilexiada, a Ermida da Virxe do Porto non só é un lugar de culto, senón tamén un símbolo da conexión entre o mar e as xentes de Valdoviño. Visitar este recuncho único é unha oportunidade para descubrir a profunda devoción local e gozar da serenidade que ofrece a súa contorna natural.

Praia da Frouxeira
Un escenario natural de extraordinaria beleza
Baterías Militares de Campelo
Un legado militar con vistas espectaculares
Lagoa da Frouxeira
Desfruta da natureza en estado puro
Ermida da Virxe do Porto
Devoción mariñeira
Senda das Ondas
Praias, surf, miradoiros e natureza impresionante
Faro da Frouxeira
O eterno vixía do mar
Ermida da Fame
Para obrigada no camiño a Santo André de Teixido
Porto do Cabo
Un lugar emblemático no camiño a Santo André de Teixido
Miradoiro do Paraño
Sorprende á túa parella cun solpor máxico
Banco de Meirás
Un lugar para a inspiración
Océano Surf Museo
Historia e cultura do surf galego
Miradoiro do Coto Agudo
Conecta coa inmensidade da paisaxe galega
Embalse das Forcadas
Un paraiso para o deporte acuático
Observatorio de Aves de Valdoviño
Trae os teus anteollos e disfruta das maravillas da natureza
Praia de Pantín
A factoría de ondas
Praia de Vilarrube
Un paraíso azul turquesa