Valdoviño é Surf
Un lugar onde o Atlántico ofréceche as súas mellores ondas
Un lugar onde o Atlántico ofréceche as súas mellores ondas
Un destino imprescindible para as persoas amantes do surf, recoñecido a nivel internacional polas súas ondas excepcionais e a beleza salvaxe das súas praias. Este recuncho da costa galega acolle competicións de prestixio, como o Pantín Classic, que cada ano reúne os mellores surfeiros do mundo. Coas súas condicións perfectas para todos os niveis, desde principiantes ata expertos, e un ambiente que combina natureza e paixón polo mar, Valdoviño é o lugar ideal para vivir a experiencia do surf en estado puro.