Valdoviño é Historia

Trasládate ao pasado a través do seu patrimonio cultural

Porto do Cabo

Porto do Cabo

Un lugar emblemático no camiño a Santo André de Teixido
Descubre este encantador lugar, un recuncho cheo de historia e beleza natural, que forma parte do lendario Camiño a San Andrés de Teixido. Este pequeno enclave mantívose como un punto de referencia para peregrinos durante séculos, e hoxe en día segue a ser un lugar que combina patrimonio, tradición e paisaxes espectaculares.

Un dos principais atractivos de Porto do Cabo é a súa ponte medieval, unha construción de pedra con séculos de antigüidade, que atravesa o río e lémbranos o pasado histórico da zona, e onde ata fai ben pouco tempo, mulleres do lugar coñecidas como “caldupeiras” servían por poucos cartos, cuncas de caldo aos romeiros. Xunto a ela, atópanse os muíños fluviais, que completan esta paisaxe pintoresca e rural. Estes muíños, que no seu tempo eran esenciais para a vida económica local, agora convertéronse nunha testemuña do rico patrimonio cultural de Valdoviño.

Porto do Cabo é tamén un lugar ideal para quen goza da natureza. Cos seus sendeiros tranquilos e a súa proximidade á costa, é perfecto para os amantes do sendeirismo e da fotografía. O entorno natural, con exuberante vexetación e vistas ás colinas e ao río, crea unha atmosfera relaxante que invita aos visitantes a deterse e gozar da paisaxe.