Patrimonio cultural

Mural

Mural "A vista de parrulo"

Nos ollos dos anátidos
Unha obra do artista Doctor Toy, que plasma a riqueza do territorio de Valdoviño sobre a parede lateral da casa consistorial do municipio. As súas cores cálidas achégannos ata un amencer neste enclave, que poderemos observar a ollo de parrulo. Acompañando o voo desta parella de anátidos -Anas platyrhynchos- que preside o mural, poderás observar as marabillas desta zona a través dos teus ollos.

A forza do mar que bate no litoral, a escabrosidade dos seus cantís, a riqueza dos areais, a súa diversidade xeolóxica e a adaptación dos seres vivos neste sorprendente territorio, transmítense en cada pincelada desta intervención artística, que causa a admiración de veciños e visitantes.