As nosas praias
Roteiro "Entre praias"
O Baleo – Pantín
Unha ruta para descubrir a impresionante paisaxe costeira entre estas dúas praias icónicas, comezando e rematando no aparcadoiro da praia do Baleo. Ao longo do camiño, altérnanse treitos de camiños de pescadores próximos aos cantís e sendeiros naturais, ofrecendo vistas espectaculares do mar e da costa galega.
O percorrido lévanos primeiro cara a Punta Torrella, onde as vistas ao horizonte se abren para amosar a maxestuosidade dos cantís e das formacións rochosas. Bordeando a costa, chegamos a Punta Gabeiras, un lugar privilexiado para os amantes da pesca. Desde este punto, o sendeiro segue en paralelo ao mar, ofrecendo unha perspectiva inigualable do entorno mariño e achegándonos cada vez máis á praia de Pantín, coñecida mundialmente como un paraíso para os surfistas.
O tramo final da ruta condúcenos ata a area da praia de Pantín, onde podemos gozar do seu paseo marítimo antes de regresar cara o Baleo. Este percorrido circular é ideal para quen busca unha camiñada curta pero intensa, que combina o dramatismo dos cantís, a serenidade das praias e a emoción da natureza na súa forma máis pura.

Praia de Campelo
Sinte a forza do Atlántico
Praia do Rego
Un recuncho de tranquilidade
Praia do Río de Meirás
Un refuxio natural ideal
Praia de Cano Grande
Tranquilidade salvaxe
Praia de Mourillá
Un lugar para perderse
Praia do Porto
Unha pequena cala con historia
Praia dos Curas
Unha cala entre rochas
Praia da Frouxeira
Un escenario natural de extraordinaria beleza
Cala dos Prados
Un paraíso xeolóxico de difícil acceso
Praia de Rosella
Unha pequena cala de difícil acceso
Praia de Pantín
A factoría de ondas
Praia de Porto Carrizo
Un refuxio natural preto de Pantín
Praia do Baleo
Ideal para os amantes do surf
Praia de Graxal
Practicamente inaccesible por terra
Praia de Vilarrube
Un paraíso azul turquesa
Roteiro "Entre praias"
O Baleo – Pantín
Camino Surf Camp
Unha boa opción para facer surf en familia
Castro da Frouxeira
Testemuña perpetua da historia